29/2/16

5º venres lector

O venres, 26 de febreiro, na Bibliosoños, levamos a cabo o 5º venres lector, dentro do proxecto Apadriñamentos Lectores.
Nesta ocasión correspondeulles aos nenos e nenas de 3º curso, baixo a dirección da súa titora María.
Dramatizaron unha adaptación do conto "La princesa rebelde" de Anna Kemp e sara Ogilvie.


22/2/16

Día de Rosalía de Castro

Para conmemorar este día tan importante nas aulas levamos a cabo un montón de actividades:
  • Participación no concurso que convoca a Fundación Manuel María: ROSALÍA SEMPRE VIVA. Despois da selección realizada no colexio irán a participar: Daniela Escudeiro de 4º curso e Jessica Fernández de 5º curso.
  • Elaboración dunha tarxeta postal con versos e debuxos alusivos que enviaremos ás casas a través do servizo de correos para ser recibida como agasallo conmemorativo.
  • Os nenos e nenas de infantil están a elaborar murais e marcapáxinas.
  • O día 24 faremos unha homenaxe todos xuntos no Salón de Actos na que haberá recitados, dramatizacións e remataremos visualizando e cantando co vídeo conmemorativo da canción de Uxía Senlle "Rosalía pequeniña", con imaxes realizadas polos nenos e nenas de infantil e as voces dos nenos e nenas do colexio.
Podemos ver tods as actividades na páxina especial de
https://sites.google.com/site/bibliosonosrosaliadecastro/home

6/2/16

Celebramos o Entroido

Despois dunha semana preparándonos para a Gran Festa de Entroido chegou o GRAN DÍA:
  • Disfrazámonos de insectos
  • Fixemos unha chocolatada con larpeiradas
  • Desfilamos polas rúas do Chao para as nosas familias
  • Xogamos e bailamos...