26/11/15

Os nenos e nenas de Infantil van ao Teatro

O xoves, 26 de novembro, todos os nenos e nenas de Infantil foron ao teatro Pastor Díaz para visualizar unhas curtametraxes sobre os valores. O cinema levou á gran pantalla moitas películas nas que se tratan temas relacionados co mundo da educación. Con eles, o alumnado reflexionará sobre a amizade, a solidariedade, o traballo en equipo, o respecto ás persoas...
Na seguinte páxina EDUCACIÓN 3.0 atopamos información dunha selección de 40 curtametraxes para educar en valores. 
NESTE ENLACE podemos ver en YouTube vídeos como o seguinte:

21/11/15

2º venres lector.

O venres, 20 de novembro, os nenos e nenas de 5º curso fixeron unha pequena dramatización sobre a obra de Anisia Miranda, Que lle pasou a coelliño?. Esta actividade esta enmarcada dentro dos Apadriñamentos Lectores e que levamos a cabo un venres ao mes.


20/11/15

Unha clase no noso porto




Esta fotografía corresponde ao artigo de LA VOZ DE GALICIA.






Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria foron ata o Porto de Celeiro para coller apuntes e facer bocetos de diferentes partes ou zonas do mesmo; pois van participar no concurso de debuxo "Nuestros Puertos" que convoca a Autoridade Portuaria de Ferrol.
O curso pasado, o alumno José Manuel Guirado Fernández, levou o 1º premio.

19/11/15

Unha clase de Música Tradicional

Os nenos e nenas de 6º de Infantil están a traballar sobre GALICIA e chegaron ao apartado da Música e Baile Tradicional e para que poidesen escoitar e ver en directo as cualidades do noso folklore, a súa profesora Inés organizou un pequeno concerto didáctico.
Visitounos un cuarteto de Música Tradicional "Non cho digo" formado por dúas gaitas, tamboril e bombo; pero ademais, a profesora Eva, trouxo os seus traxes de baile e axudadas polas profesoras Rita e Lucía explicaronlles a todos os nenos e nenas as características de cada un deles.
Organizamos unha pequena romaría cantando e bailando todos xuntos. Pasámolo estupendamente!
Agradecemos aos compoñentes do cuarteto: Samuel, Rafa, Fran e Adrián  a súa visita e a súa gran clase e concerto.

18/11/15

A túa Banda vai ao cole

O martes,17 de novembro, tivemos a oportunidade de contar no noso colexio cunha sección da BANDA DE MÚSICA de Viveiro. Ensináronnos os diferentes instrumentos dos que se compón unha Banda de Música, as súas características, os seus sons... Interpretaron varios temas musicais e poidemos probar os diferentes instrumentos.
Tamén nos invitaron a coñecer as instalacións onde ensaian e alí coñecer todo o que se pode facer pertencendo á Banda de Música.
O vindeiro sábado, 21 de novembro, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro farán o Concerto Tradicional de Santa Cecilia (22 de novembro) que é a patrona dos músicos.

Unha charla moi interesante na Bibliosoños

O martes, 17 de novembro, visitounos o bisavó de Lucía Fernández Rodríguez.
Fumos todos os nenos e nenas de infantil á Biblioteca e alí explicounos todo o relacionado coas abellas; nós tivemos oportunidade de facerlle unha chea de preguntas e aprendimos moitas cousas.
Tamén os nenos e nenas de 5º de Infantil lle fixemos uns debuxos en agradecemento para que sempre se acorde de todos nós.

12/11/15

Charla sobre as abellas

Hoxe tivemos unha visita moi especial: Jesús e Ángeles, dous mestres do noso colexio e que agora están xubilados.
Eles saben moito das abellas pois son abelleiros ou apicultores e viñeron a contarnos moitas cousas sobre elas: como viven nas colmeas, como se extrae o mel, os beneficios tanto das abellas como o mel que nos dan...
Todos os nenos e nenas do colexio pasaron polo  Salón de Actos e alí escoitaron as explicación e viron unha colmea e moitos utensilios dos que se utilizan, coa cera fixeron unha vela, tamén fixeron moitas preguntas e disfrutaron dunha clase moi especial.
Tamén nos trouxeron un libriño informativo que nos vai axudar a comprender moito mellor  


11/11/15

Festa do Magosto

Hoxe, día de San Martiño, e dinfrutando do bo tempo, fixemos o xa tradicional Magosto no noso colexio. Os nenos e nenas fixeron cucuruchos moi especiais, recolleron as castañas asadas por Enrique e Antonio, comeron e beberon, xogaron e pasáronno estupendamente.
No seguinte vídeo podemos ver momentos da festa.