30/12/15

Actuación do Coro do Colexio

O Coro do Colexio foi convidado a participar no Concerto de Fin de Ano da Banda Municipal de Música de Viveiro.
O mesmo tivo lugar no Teatro Pastor Díaz na noite do 30 de decembro.
Cantamos Adeste Fideles, Noite de Paz e Feliz Navidad.



20/12/15

Festival de Nadal 2015

E como todos os anos, o último día facemos un gran FESTIVAL DE NADAL, onde participamos todos os nenos e nenas e tamén os profesores e profesoras.
 TODO O QUE FIXEMOS NESTE NADAL PODEMOS ATOPALO NESTE ENLACE
Estos son os vídeos onde podemos ver as nosas actuacións:

17/12/15

TEATRO NO NADAL

 O Obradoiro de Teatro, que dirixe o profesor Vicente Míguez, puxo en escea, na mañá do xoves, 18 de decembro, as seguintes actuacións:
  • "Refuxiados necesitan un lugar no corazón"
  • "Un conto de Nadal", unha adaptación da obra de Charles Dickens.

12/12/15

Viaxe Cultural

O venres, 11 de decembro, os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de primaria,acompañados polas profesoras Marta, Aurora e o profesor Paco, fixeron unha viaxe cultural polos Concellos de Friol, Outeiro de Rei e Begonte. O día estaba bastante frío pero aprenderon moitas cousas.

11/12/15

3º VENRES LECTOR

O venres, 11 de decembro, os nenos e nenas de 1º curso, xunto coa súa profesora Angélica, prepararon o conto "O NADAL DOS CONTOS" de Xosé Lueiro.
Preparáronno con moito entusiasmo e así de ben o fixeron para os seus compañeiros e compañeiras.
No seguinte ENLACE podemos ver máis vídeos dos APADRIÑAMENTOS LECTORES.

26/11/15

Os nenos e nenas de Infantil van ao Teatro

O xoves, 26 de novembro, todos os nenos e nenas de Infantil foron ao teatro Pastor Díaz para visualizar unhas curtametraxes sobre os valores. O cinema levou á gran pantalla moitas películas nas que se tratan temas relacionados co mundo da educación. Con eles, o alumnado reflexionará sobre a amizade, a solidariedade, o traballo en equipo, o respecto ás persoas...
Na seguinte páxina EDUCACIÓN 3.0 atopamos información dunha selección de 40 curtametraxes para educar en valores. 
NESTE ENLACE podemos ver en YouTube vídeos como o seguinte:

21/11/15

2º venres lector.

O venres, 20 de novembro, os nenos e nenas de 5º curso fixeron unha pequena dramatización sobre a obra de Anisia Miranda, Que lle pasou a coelliño?. Esta actividade esta enmarcada dentro dos Apadriñamentos Lectores e que levamos a cabo un venres ao mes.


20/11/15

Unha clase no noso porto




Esta fotografía corresponde ao artigo de LA VOZ DE GALICIA.






Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria foron ata o Porto de Celeiro para coller apuntes e facer bocetos de diferentes partes ou zonas do mesmo; pois van participar no concurso de debuxo "Nuestros Puertos" que convoca a Autoridade Portuaria de Ferrol.
O curso pasado, o alumno José Manuel Guirado Fernández, levou o 1º premio.

19/11/15

Unha clase de Música Tradicional

Os nenos e nenas de 6º de Infantil están a traballar sobre GALICIA e chegaron ao apartado da Música e Baile Tradicional e para que poidesen escoitar e ver en directo as cualidades do noso folklore, a súa profesora Inés organizou un pequeno concerto didáctico.
Visitounos un cuarteto de Música Tradicional "Non cho digo" formado por dúas gaitas, tamboril e bombo; pero ademais, a profesora Eva, trouxo os seus traxes de baile e axudadas polas profesoras Rita e Lucía explicaronlles a todos os nenos e nenas as características de cada un deles.
Organizamos unha pequena romaría cantando e bailando todos xuntos. Pasámolo estupendamente!
Agradecemos aos compoñentes do cuarteto: Samuel, Rafa, Fran e Adrián  a súa visita e a súa gran clase e concerto.

18/11/15

A túa Banda vai ao cole

O martes,17 de novembro, tivemos a oportunidade de contar no noso colexio cunha sección da BANDA DE MÚSICA de Viveiro. Ensináronnos os diferentes instrumentos dos que se compón unha Banda de Música, as súas características, os seus sons... Interpretaron varios temas musicais e poidemos probar os diferentes instrumentos.
Tamén nos invitaron a coñecer as instalacións onde ensaian e alí coñecer todo o que se pode facer pertencendo á Banda de Música.
O vindeiro sábado, 21 de novembro, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro farán o Concerto Tradicional de Santa Cecilia (22 de novembro) que é a patrona dos músicos.

Unha charla moi interesante na Bibliosoños

O martes, 17 de novembro, visitounos o bisavó de Lucía Fernández Rodríguez.
Fumos todos os nenos e nenas de infantil á Biblioteca e alí explicounos todo o relacionado coas abellas; nós tivemos oportunidade de facerlle unha chea de preguntas e aprendimos moitas cousas.
Tamén os nenos e nenas de 5º de Infantil lle fixemos uns debuxos en agradecemento para que sempre se acorde de todos nós.

12/11/15

Charla sobre as abellas

Hoxe tivemos unha visita moi especial: Jesús e Ángeles, dous mestres do noso colexio e que agora están xubilados.
Eles saben moito das abellas pois son abelleiros ou apicultores e viñeron a contarnos moitas cousas sobre elas: como viven nas colmeas, como se extrae o mel, os beneficios tanto das abellas como o mel que nos dan...
Todos os nenos e nenas do colexio pasaron polo  Salón de Actos e alí escoitaron as explicación e viron unha colmea e moitos utensilios dos que se utilizan, coa cera fixeron unha vela, tamén fixeron moitas preguntas e disfrutaron dunha clase moi especial.
Tamén nos trouxeron un libriño informativo que nos vai axudar a comprender moito mellor  


11/11/15

Festa do Magosto

Hoxe, día de San Martiño, e dinfrutando do bo tempo, fixemos o xa tradicional Magosto no noso colexio. Os nenos e nenas fixeron cucuruchos moi especiais, recolleron as castañas asadas por Enrique e Antonio, comeron e beberon, xogaron e pasáronno estupendamente.
No seguinte vídeo podemos ver momentos da festa.

29/10/15

O SAMAÍN no noso colexio

Durante esta semana estivemos a traballar diferentes aspectos sobre o SAMAÍN.
O seguinte vídeo recolle algúns destes traballos.

23/10/15

Celebramos o Día das Bibliotecas Escolares

Durante toda a semana levaremos a cabo diferentes actividades para celebrar o
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
 (24 de outubro)
  • Elaboración e exposición de marcapáxinas.
  • Entrega de Bolsiñas para Infantil, dentro do Programa "Libros e van e veñen"
  • Sesións de Formación de Usuarios na Biblioteca:  
  • Visualización dun vídeo especial:
    • Conto dramatizado "O vello castiñeiro" a cargo dos alumnos e alumnas de 6º Infantil, finalizando coa Canción O Castiñeiriño de Susa Herrera, cantada por alumnos e alumnas do colexio.
  • Comezo do Programa "VENRES LECTORES".
  • Páxina Site con información para traballar o Proxecto Ducumental sobre o  


O venres, 23 de outubro, os nenos e nenas de Infantil, xunto cunha alumna e un alumno de 6º curso (Alba e David), participaron no 1º venres lector deste curso.
Contáronlles o conto O vello castiñeiro, todos os nenos e nenas disfrutaron moita desta primeira sesión lectora.