20/6/16

Actividades Fin de Curso

Esta semana rematamos o curso cunha chea de actividades.
 O luns, 20 de xuño:
  • Teatro escolar dos nenos e nenas de 4º e 5º curso
  • Baile dos alumnos e alumnas de 3º curso
  • Final dos xogos populares
 O martes, 21 de xuño:
  • Teatro Escolar dos alumnos e alumnas do Obradoiro de Teatro impartido polo profesor Vicente Míguez en horario extraescolar.
    • Obra: CINEMASCOLE
    • Autor e dirección: Vicente Míguez 
O mércores, 22 de xuño
  • GALIOLIMPIADAS 
 Todos os vídeos podémolos ver no seguinte ENLACE

17/6/16

Entrega de premios do cartel FESTA DA MERLUZA de Celeiro

Na tarde do martes, 14 de xuño, levouse a cabo a entrega dos premios do concurso de carteis infantis para a Festa da Merluza.

Primeiro premio: Traballo conxunto da aula de 4º de Educación Primaria do CEIP PLURILINGUE  Santa Rita de GALDO. 
Segundo premio: Inés Cachón Oulego do CEIP Antonio Pedrosa Latas de Celeiro.




 Terceiro premio: Inés Alonso Otero do CEIP Antonio Pedrosa Latas de Celeiro.








Entrega dos diplomas de participación no colexio

11/6/16

RECYCLING WORKSHOP

Luisa e Marta estiveron no colexio  para compartir o seu tempo ensinando aos alumnos de 5º e 6º curso como reutilizar bolsas de plástico de supermercado e papeis de revistas para elaborar bolsos e pulseiras. O seu traballo pódese seguir na páxina do  seu FACEBOOK.
Este obradoiro forma parte do proxecto:
Ao finalizar o mesmo entregámoslles un presente que consistía nun robot feito con materiais reciclados da

Dámoslles as gracias pois aprendemos moito e ademais intentaremos facer algún obxecto.

7/6/16

Celebramos do día do Medio Ambiente


Como todos os anos, no noso colexio celebramos o día do Medio Ambiente.
Fixémolo o luns, 6 de xuño.
Levamos a cabo dúas actividades que podemos ver no

SEGUINTE ENLACE

2/6/16

EXCURSIÓNS DE FIN DE CURSO

Xa estamos rematando o curso e agora é o tempo das excursións e viaxes de fin de curso.
  • Os nenos e nenas de Infantil fan a súa viaxe o martes, 31 de maio, a San Cibrao
  • O 1º e 2º curso de primaria van viaxar ata Mondoñedo o venres, 10 de xuño
  • O 3º e 4º curso de primaria van ir á Granxa Escola de Castropol o xoves, 2 de xuño
  • Os nenos e nenas de 5º e 6º curso estarán  en  Ocero (León) os días 30, 31 de maio e o 1 de xuño, no Complexo Rural El Arbedal.

18/5/16

As Letras Galegas no colexio



Durante o mes de maio son moitas e variadas as actividades que levamos a cabo todos os cursos do colexio:


 
  • Exposición de libros dos autores homenaxeados
  • Láminas sobre Manuel María
  • Traballos dos alumnos e alumnas
  • Dramatización "O bigote de Mimí" a cargo dos nenos e nenas de 1º curso
  • Presentación en vídeo da canción "Depende de min", con letra, música e coreografía dos profesores do centro.
  • Festival especial (venres, 20 de maio) coa participación dos alumnos e alumnas do colexio cantando a canción do MAIO e o coro "SONS DE CELEIRO" dirixido por Daniel Caxete.
  • Seguimento da páxina especial adicada a Manuel María na que tamén se recollen as nosas actividades
  • Participación no Proxecto da MICRORREDE PLAMBE A MARIÑA, "Os soños de Manuel María"

5/5/16

Proxecto MICRORREDE PLAMBE A MARIÑA

Durante os meses de abril e maio desenvolvemos este proxecto adicado a Manuel María baixo o título OS SOÑOS DE MANUEL MARÍA.
  • En familia traballaron a tarxeta.
  • Fixemos exposición no colexio.
  • Do 10 ao 13 de maio, exposición conxunta no Teatro Pastor díaz de Viveiro.
  • Actividades dinamizadoras: o xoves, 12 actúa o noso colexio.

3/5/16

Visita ao helicóptero "Pesca 2"

O venres, 29 de abril, os nenos e nenas de infantil, acompañados das súas profesoras, fixeron unha visita ao helicóptero “Pesca 2”, con base en Celeiro
A tripulación do helicóptero: piloto e rescatadores, explicáronlles os elementos que utilizan para facer os rescates e tamén lles deron bos consellos para acudir ao mar; foron izados pola grúa e subiron ao helicóptero.
Aprenderon moitas cousas e pasáronno estupendamente, remataron a xornada tomando a media mañá no parque de Lavandeiras.

25/4/16

Actuación do Obradoiro de Teatro do colexio

Os 23 nenos e nenas do grupo de teatro escolar do Pedrosa Latas de Celeiro participaron nos actos conmemorativos que organizaron os Aventados en San Cibrao. 
O sábado día 23, xusto o día no que se cumpriron 400 anos do pasamento de Miguel de Cervantes, en cuxo homenaxe celebráronse múltiples actividades en todo o mundo para honrar ao gran personaxe universal, autor da primeia novela, Don Quijote de la Mancha.
Ademais da representación teatral actuaron a Orquestra de Corda do Conservatorio de Viveiro.
Co título "El legado de Cervantes. Teatro y música" o acto celebrouse no Auditorio da Casa de Cultura.

22/4/16

Os colexios saen a plantar árbores

Na mañá do día 21 de abril, os alumnos e alumnas de 5º e 6º curso de primaria participamos na plantación de novas árbores na fachada do paseo marítimo de Viveiro.
O acto estivo organizado polo Seminario de Estudos "Terra de Viveiro" en colaboración co Concello de Viveiro.
Esta actividade estaba aplazada dende o día da árbore, o 21 de marzo, debido ás inclemencias meteorolóxicas.
NOTICIA NA PRENSA LOCAL

21/4/16

Celebramos o Día do Libro


Durante a semana da celebración do Día do Libro fixemos moitas actividades  que quedan recollidas na    PÁXINA ESPECIAL DO DÍA DO LIBRO


12/4/16

Actividades dentro da Semana das Artes na Mariña


O noso centro participará levando a cabo varias actividades que podemos ver na Páxina Especial da mesma no seguinte ENLACE.

21/3/16

Celebramos o día da auga e da árbore

No colexio celebramos estas datas tan importantes renovando as plantas do parque infantil e plantando rosais e un castiñeiro.

Día da Poesía. 6º Venres lector

O venres, 18 de marzo, para celebrar o día da Poesía, os nenos e nenas de 2º curso, xunto coa súa profesora Maricarmen, prepararon unhas fermosas poesías para lerlles aos seus compañeiros na Biblioteca. O libro que escolleron foi "O xardín de Irene" de Xosé Neira Vilas. Esta actividade forma parte dos Apadriñamentos Lectores (6º venres lector). No seguinte vídeo podemos ver  o ben que o fixeron!.

14/3/16

Viaxes culturais

Na xornada do venres, 11 de marzo, os alumnos e alumnas de 5º e 6º curso puxeron rumbo á Santiago de Compostela para levar a cabo varias visitas:

No mesmo día, os nenos e nenas de 3º e 4º curso fixeron a  súa viaxe cultural a Lugo onde poideron visitar:
Ambas xornadas remataron con gran éxito pois tiveron un día climatolóxico moi bo e as visitan foron moi aproveitadas e aprenderon moitas cousas novas.

8/3/16

Día da Muller

O martes 8 de marzo, día da Muller, presentamos a seguinte exposición e traballos realizados polos alumnos e alumnas do colexio.
NESTA PÁXINA ESPECIAL atopamos moita información.

29/2/16

5º venres lector

O venres, 26 de febreiro, na Bibliosoños, levamos a cabo o 5º venres lector, dentro do proxecto Apadriñamentos Lectores.
Nesta ocasión correspondeulles aos nenos e nenas de 3º curso, baixo a dirección da súa titora María.
Dramatizaron unha adaptación do conto "La princesa rebelde" de Anna Kemp e sara Ogilvie.


22/2/16

Día de Rosalía de Castro

Para conmemorar este día tan importante nas aulas levamos a cabo un montón de actividades:
  • Participación no concurso que convoca a Fundación Manuel María: ROSALÍA SEMPRE VIVA. Despois da selección realizada no colexio irán a participar: Daniela Escudeiro de 4º curso e Jessica Fernández de 5º curso.
  • Elaboración dunha tarxeta postal con versos e debuxos alusivos que enviaremos ás casas a través do servizo de correos para ser recibida como agasallo conmemorativo.
  • Os nenos e nenas de infantil están a elaborar murais e marcapáxinas.
  • O día 24 faremos unha homenaxe todos xuntos no Salón de Actos na que haberá recitados, dramatizacións e remataremos visualizando e cantando co vídeo conmemorativo da canción de Uxía Senlle "Rosalía pequeniña", con imaxes realizadas polos nenos e nenas de infantil e as voces dos nenos e nenas do colexio.
Podemos ver tods as actividades na páxina especial de
https://sites.google.com/site/bibliosonosrosaliadecastro/home

6/2/16

Celebramos o Entroido

Despois dunha semana preparándonos para a Gran Festa de Entroido chegou o GRAN DÍA:
  • Disfrazámonos de insectos
  • Fixemos unha chocolatada con larpeiradas
  • Desfilamos polas rúas do Chao para as nosas familias
  • Xogamos e bailamos...

23/1/16

4º venres lector

No seguinte vídeo quedan recollidas as lecturas que fixeron os nenos e nenas de 6º curso para todos os cursos do colexio. Fixéronno moi ben!